Tanxugueiras e Os Azeitonas mellores temas musicais da Galiza e Portugal no aRi[t]mar

Ao redor de cinco mil votos decidiron nesta edición do certame promovido pola EOI de Santiago

As Tanxugueiras (IC)

O promovido pola EOI de Santiago escolleu como mellores músicas nesta edición as Tanxugueiras, con Quen non mo neguen e Os Azeitonas, con Efeito do Observador. Ambas superaron en apoios aos seguintes clasificados que foron, por parte galega, Guadi Galego con Fronteiras, e por parte portuguesa Mariza con Quem me dera. En terceiro lugar quedaron Nao por Cultura crítica, e António Zambujo con Sem Palavras.

A participación neste apartado musical foi moi alta, chegando case aos cinco mil votos. Agora aRi[t]mar centrarase na poesía e así do 10 de abril e o 10 de maio celebraranse as votacións para escoller os mellores poemas galegos e portugueses en 2018.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Un certame virtual e colaborativo

A participación aberta é unha das características de aRi[t]mar. Ademais contan coa implicación de numerosas institucións.

As músicas gañadoras son votadas e escollidas polo conxunto da comunidade educativa, virtual e social da EOI, polas escolas e universidades da rede CAMÕES na Galiza en coordinación coa Coordenação do Ensino Português Espanha e Andorra mais tamén polos centros de estudos galegos das universidades no exterior. Do mesmo xeito participan nas votacións o Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela, as Escolas Oficiais de Idiomas de Lugo e de Pontevedra e a Facultade de Filoloxía da USC.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -