Home Programas Espazo Aberto Suspendido o xuízo de Emilio Cao pola ausencia de dous policías que debían declarar

Suspendido o xuízo de Emilio Cao pola ausencia de dous policías que debían declarar

0
Suspendido o xuízo de Emilio Cao pola ausencia de dous policías que debían declarar

Unha das axentes alegou estar a cumprir unha baixa por maternidade, namentres o seu compañeiro, residente en Madrid, pedira sen éxito comparecer por videoconferencia. Deste xeito, o xuízo contra o mozo do Carballiño fica aprazado

Unha delegación de militantes de Xeira e Anova desprazárase a Madrid para respaldar ao activista. Na mobilización tamén participou parte do grupo parlamentario de En Marea no Congreso dos Deputados.

Pepe Arias, voceiro da plataforma en apoio a Emilio Cao: “A Galicia que se move está hoxe aquí presente en Madrid”

Mobilización solidaria en Compostela

En Compostela, varias persoas concentráronse na praza de Mazarelos esixindo a absolución do activista galego.

A estas mostras de apoio cómpre sumar tamén as xa anunciadas a semana pasada de representantes da política e a sociedade galega coma Suso de Toro, Marilar Aleixandre, Luís Villares, Ana Pontón ou os alcaldes da Coruña, Ferrol, Pontevedra e Santiago.