Home Programas Área Compostela Suspenden o xuizo aos 12 da Sala Iago

Suspenden o xuizo aos 12 da Sala Iago

0
Suspenden o xuizo aos 12 da Sala Iago

O xuizo previsto contra 12 persoas por ocupar a Sala Iago de Santiago foi suspendido pola renuncia dunha das avogadas da defensa. Unhas 100 persoas concentráronse na porta dos xulgados de Fontiñas en solidariedade cos e coas encausadas. Horas antes líase un manifesto diante mesmo do abandonado cine Iago para explicar a situación.

As persoas encausadas denuncian unha persecución contra o colectivo e reivindican a actividade que tivo a sala mentres estiveron nela.


Por outro lado rexeitan que se considere artefacto explosivo a lixivia que empregaban para limpar o lugar e os extintores que xa estaban nel. O xuizo quedou fixado para o vindeiro día 13 de marzo de 2017 ás 9:30 horas nos xulgados de Fontiñas.