Home Programas Espazo Aberto Suso de Toro: “Non pode ser que a prensa emita sen máis o que di a policía”

Suso de Toro: “Non pode ser que a prensa emita sen máis o que di a policía”

0
Suso de Toro: “Non pode ser que a prensa emita sen máis o que di a policía”

A Operación Lusista púxose en marcha a semana pasada por orde da Audiencia Nacional saldándose coa detención de catro persoas pertencentes ao movemento independentista ás que lle vinculan algún tipo de relación con Resistencia Galega, considerada organización terrorista polo Tribunal Supremo. A raíz das detencións, realizáronse diversos rexistros ademais de incautación de obxectos e materiais dos que foron dando conta diversos medios de comunicación.

Ao longo destes días, o tratamento mediático foi duramente criticado dende os organismos antirrepresivos, o ámbito nacionalista e dende o movemento social por non respectar a presunción de inocencia, entre outras consideracións. Entre as persoas que manteñen unha postura crítica co tratamento mediático da Operación Lusista atópase o escritor Suso de Toro que explicaba a súa postura ante as cámaras de Nós Televisión.