Isto vai de democracia. Unha mobilización unitaria acolleu na Praza do Obradoiro á veciñanza compostelá solidaria co proceso soberanista catalán.
O escritor Suso de Toro foi o encargado de dar lectura a un manifesto unitario secundado por diversas organizacións políticas e sociais galegas como, en especial, En Marea, o BNG ou a CIG.
.@SusodeToro1 na concentración a prol do referendo en Catalunya da @ANCGaliza @assemblea en Compostela pic.twitter.com/a7ncXym3Wp
— Nós Televisión (@NosTelevision) 10 de junio de 2017
Unha votación simbólica
Como curiosidade, as persoas que participaron na mobilicación simularon unha votación na Praza do Obradoiro en apoio á consulta catalá.
Votación simbólica no Obradoiro en apoio á consulta catalá #referendumCAT pic.twitter.com/aUVg9eZYMS
— Nós Televisión (@NosTelevision) 10 de junio de 2017