Suso de Toro: “A sociedade española non saíu do mundo enfermo que creou o franquismo”

Conversamos co escritor e analista político sobre a situación que atravesa Galiza coa convocatoria de eleccións, os vínculos entre Feijóo e Marcial Dorado, a extrema dereita e as necesidades do país

Ao longo de trece minutos, o escritor e analista político, Suso de Toro debulla a situación que atravesa nestes momentos Galiza. Aborda as razóns da convocatoria das eleccións do 12 de xullo, centradas nos “cálculos da carreira política persoal de Alberto Núñez Feijóo” segundo defende. O nacionalista tamén ten palabras para a practicamente nula resposta social ás informacións feitas públicas por Marcial Dorado -con sonados vínculos co narcotráfico- sobre o presidente do Goberno galego e o expresidente do Goberno español, Núñez Feijóo e Mariano Rajoy.

“A extrema dereita non molesta, a extrema dereita forma parte deste Estado”, apunta incisivo de Toro que tamén reflexiona sobre a situación do sector cultural en Galiza e o futuro político que se pode abrir despois do 12 de xullo.