Tres novos parques eólicos aparecen no Rexistro Eólico de Galicia sobre a comarca de Ordes. Esta é a resposta á masiva manifestación do pasado mes de outubro contra a saturación de industrias e proxectos contaminantes na contorna.
A comarca, na que viven máis de 35.000 persoas viven rodeadas de emplazamentos e proxectos de empresas contaminantes, ve agora como a problemática vai en aumento e como a “rapiña depredadora empresarial” non cede nin un milímetro.
Deste xeito, hai tres novos proxectos de parques eólicos cun estado de nova solicitude na comarca de Ordes. En concreto afectarían os proxectos afectarían aos concellos de Cerceda, Ordes, Frades e Mesía. Estes parques eólicos reunirían un total de 33 novos muíños eólicos repartidos pola contorna e situados, moitos deles, con gran proximidade ás aldeas. Tal e como denuncian desde a Coordinadora contra a Implantación de Parques Eólicos na comarca de Ordes, os proxectos “ameazan a supervivencia” dunha comarca de eminente rural, e declarada pola Xunta de especial interese agrario.

Ao longo deste ano, o os concellos de Ordes, Frades, Mesía e Oroso xa se teñen declarado ‘concellos libres de eólicos’. Así é, desde a plataforma de afectadas vén de esixirlle tamén a estes concellos que manteñan a súa posición de rexeitamento ós muíños eólicos e que non concedan os permisos de actuación necesarios para o seu estudo e implementación dos novos proxectos.
Opacidade
As veciñas e veciños tamén denuncian que veñen de descubrir esta información grazas ao seu traballo de investigación e non por unha comunicación pública por parte dos concellos e administracións públicas. En específico, denuncan a dificultade de acceso á información e a opacidade da Consellería de Industria, que non pon á disposición da cidadanía os proxectos completos dos parques eólicos e as liñas eléctricas, bloqueando así o dereito á información a todos os veciños.