A convocatoria para rehabilitar vivendas particulares da Magdalena, Ferrol Vello, A Graña e Esteiro Vello foi todo un éxito. Ésta foi a conclusión á que chegou o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, ao presentar esta mañá en rolda de prensa a aprobación de proposta da cualificación provisional das ARRUS destas zonas do municipio.
Rehabilitación de vivendas particulares
Ferrol precisa de máis investimentos en plans como este
O propio alcalde sinalou que o concello debería contar con máis investimentos en plans coma este e salientou a colaboración entre as distintas institucións: Ministerio de Fomento, Concello de Ferrol e Xunta de Galicia.
82 intervencións
As intervencións por zonas sumando as dúas fases do plan foi na Magdalena-Ferrol Vello un total de 82 intervencións, en Esteiro Vello foi de 10 e na Graña foron 8. Jorge Suárez explicou á prensa que o obxectivo e o fundamento deste tipo de actuacións é “poñer en valor un Ben de Interese Cultural como é o Centro de Ferrol”.