Home Programas Área Compostela SONdeTEO e o BNG denuncian dificultades para conformar un goberno de esquerdas en Teo

SONdeTEO e o BNG denuncian dificultades para conformar un goberno de esquerdas en Teo

0
SONdeTEO e o BNG denuncian dificultades para conformar un goberno de esquerdas en Teo

Onte celebrouse a primeira reunión entre SONdeTEO, o BNG e o PSOE co fin de chegar a un acordo que posibilite un goberno de esquerdas en Teo, no que as forzas progresistas teñen máis do 60% dos votos e 10 dos 17 concelleiros e concelleiras electas.

SONdeTEO denuncia un “cambio de postura” do PSOE de Teo entre a reunión a dúas bandas que mantiveron o luns e a que transcorreu onte entre as tres formacións. Falan de “desconfianza” e critican a “ambición” da candidata socialista Uxía Lemus para obter a Alcaldía. Sinalan que SONdeTEO é a forza de esquerda máis votada polo que a Alcaldía debería ser do seu candidato e anterior alcalde, Rafa Sisto.

O BNG de Teo ve “sorprendente” o “clima enrarecido” que se atopou no encontro e pide un achegamento de posturas. Os nacionalistas insisten na “procura dun acordo de investidura en Teo que impida o acceso do PP á Alcaldía”.