A Asociación galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) realizou unha xornada para informar sobre os beneficios das enerxías renovables no rural galego. Mario Fernández, Técnico de AGAGA, explica a Nós Televisión que é importante que as explotacións se acheguen a este tipo de enerxias que lles benefician economicamente.
“Co seu emprego algunhas explotacións poden chegar a ser autosuficientes”, indica Mario Fernández, “e hai que ter en conta que cada unha ten que elixir aquela que sexa máis acorde co seu funcionamento”.
As dificultades
Desde AGACA recomendan sempre contar con persoal técnico específico para salvar as dificultades que poden ter aqueles que se acheguen a estee tipo de enerxías. “Hai dificultades urbanísticas, financeiras,… por exemplo as entidades bancarias non se fían do gandeiro e ao final terá que acudir ás subvencións”.
Mario Fernández explica que xa teñen constancia que o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) ten previsto abrir unha liña de axudas para este tipo de inversións e agarda que as explotacións poidan aproveitalas.