Sindicalistas de Comisións Obreiras, traballadores de Alcoa e as deputadas de Galicia en Común, Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino, xunto co deputado de Unidas Podemos, Rafa Mayoral, entre outras, acudiron este martes á concentración en apoio dos traballadores de Alcoa imputados por participar nunha manifestación na que defendían os seus dereitos laborais fronte ao Congreso dos Deputados no pasado mes de marzo.
? @UnaiSordo: “Hay que archivar una causa que no tiene ni pies ni cabeza” #HuelgaNoEsDelito #AlcoaNoSeCierra pic.twitter.com/087ENNoc6W
— CCOO de Industria (@Industria_CCOO) September 23, 2019
A voceira de Galicia en Común, Yolanda Díaz, citou especialmente a Juan Carlos López Corbacho, presidente do Comité de Empresa de Alcoa, que hoxe tivo que declarar por participar na manifestación en defensa dos seus postos de traballo que tivo lugar fronte ao Congreso o pasado 28 de marzo. “Todo o mundo viu o que sucedeu no Congreso. Deuse unha situación anómala a nivel democrático, é fundamental defender os dereitos dos traballadores e da cidadanía para defenderse diante do Congreso, que representa a soberanía popular”, incidiron as deputadas. A deputada tamén quixo facer un chamamento para o caso de Lugo “porque os traballadores de San Cibrao poden ir á rúa”.