Soledad Felloza abre o programa “Ler conta moito” en Lalín

A concellaría de Cultura de Lalín, que dirixe Lara Rodríguez, comeza este mes de maio, coincidindo coas xornadas previas ao Día das letras Galegas, o programa “Ler conta moito” da consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Soledad Felloza con “Unha viaxe ao mundo de Carlos Casares”, abrirá o calendario de actos o sábado, 13 de maio, a partir das 11.30 horas na Biblioteca municipal Varela Jácome.

As seguintes actuacións do programa serán o 3 de xuño, ás 11.00 horas con María Canosa e o espectáculo “Perder o medo a través da poesía” e o 21 de outubro, con motivo do Día da Biblioteca, terá lugar a actividade “A ciencia é divertida”. No mes de xullo na propia biblioteca e a partir das 17.00 horas, terán lugar os obradoiros de Gargallando, “Bibliotecas animadas”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -