A Facultade de Ciencias da Comunicación da USC acolleu a presentación dos resultados da primeira fase dun proxecto de investigación a nivel estatal que busca saber a impresión de profesionais do xornalismo e sociedade en xeral, sobre a relación que teñen as empresas xornalisticas coa súa audiencia.
O proxecto realizou unha enquisa a profesionais de Galicia, Madrid, Cataluña e de Euskadi, principalmente, para poder coñecer de primeira man as súas opinións. A percepción dos xornalistas galegos sobre o seu contexto laboral é unha das máis negativas do Estado.
Os datos presentáronse nun seminario no que participaron o profesor Marcel Mauri da Universitat Pompeu Fabra, e Marta Pérez da USC para nos vindeiros días darse a coñecer nas outras universiddaes colaboradoras.