Home Espazo Aberto Medio ambiente Soben un 7,6 por cento as queixas ante a Valedora na área do medio ambiente

Soben un 7,6 por cento as queixas ante a Valedora na área do medio ambiente

0
Soben un 7,6 por cento as queixas ante a Valedora na área do medio ambiente

O número de queixas recibidas na área de medio ambiente supera as 1.245 queixas, aumentando un 7,6% con respecto ás do ano pasado segundo advirten dende o grupo parlamentario de En Marea tras recibir o último informe da Valedora do Pobo.

O voceiro de En Marea, Luís Villares, e o deputado, Davide Rodríguez, revelaron este venres as coincidencias que o informe da Valedora do Pobo “nada sospeitosa de ser mareante” ten co discurso político da súa formación ao longo desta lexislatura.