Home Programas Espazo Aberto Só o 36% das persoas premiadas pola Real Academia Galega de Ciencias son mulleres

Só o 36% das persoas premiadas pola Real Academia Galega de Ciencias son mulleres

0
Só o 36% das persoas premiadas pola Real Academia Galega de Ciencias son mulleres

No Pazo de Fonseca, e no marco do Día da Ciencia en Galicia entregáronse as Medallas de Investigación Ernésto Viéitez. Os premios son outorgados pola Real Academia Galega das Ciencias e recoñecen traballos de investigación científico-técnica.

Este ano as persoas premiadas foron 4 investigadores da Universidade de Santiago de Compostela: Carlos Diéguez, do CiMUS e catedrático de Fisioloxía; Alfredo Bermúdez de Castro, catedrático de Matemática Aplicada; José Luis Mascareñas, director científico do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) e catedrático de Química Orgánica e María Teresa Moreira unha muller, catedrática especializada en enxeñería bioquímica.

Cómpre destacar que desde 2010 só 13 das 36 persoas premiadas con estas medallas foron mulleres (36,11%).