Home Programas Espazo Aberto SLG e Fruga piden a apertura dos mercados de alimentos de proximidade

SLG e Fruga piden a apertura dos mercados de alimentos de proximidade

0
SLG e Fruga piden a apertura dos mercados de alimentos de proximidade

O Sindicato Labrego Galego (SLG) e a Federación Rural Galego (Fruga) fan un chamamento aos gobernos municipais de Galiza para que non pechen os mercados de alimentos de proximidade que se desenvolvan nos seus respectivos concellos, xa que “se trata dunha actividade económica fundamental para todas aquelas familias labregas que optaron pola venda directa para comercializar as súas producións, asi como para as persoas consumidoras habituais”.

A compravenda de alimentos está protexida dentro da actual situación de emerxencia sanitaria, permitíndose os desprazamentos a centros comerciais para a súa adquisición, mesmo con total liberdade horaria, tal e como reflexa o artigo 7 do Real Decreto 463/2020. “Se ben é certo que se recomenda non celebrar actividades ao aire libre, entre as que se incluíron as feiras e os mercados, a recomendación especifica que vai dirixida a aqueles eventos que supoñan concentracións de máis de 1.000 persoas, polo que os mercados de proximidade que se celebran periodicamente en Galiza non entrarían neste suposto, non sendo incluídos tampouco estes espazos na relación de equipamentos e actividades con apertura ao público que quedan suspendidos segundo o disposto no artigo 10 do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo”, apuntan.