Home Programas Espazo Aberto Skacha, Roi Casal e Toreros Muertos, entre os artistas que actuarán nas festas de Cangas

Skacha, Roi Casal e Toreros Muertos, entre os artistas que actuarán nas festas de Cangas

0
Skacha, Roi Casal e Toreros Muertos, entre os artistas que actuarán nas festas de Cangas

As festas do Cristo de Cangas chegan cun amplo programa que arrancará o 22 de agosto co Festival MusiCangas no que subirán ao escenario de Naves de Ojea os grupos Pultur, Impulsos criminais, Unliving Sin e Falperrys. A partir deste momento, a festa non cesará ata o propio 31 de agosto. Subirán ao escenario artistas como Eladio y Los Seres Queridos, o 24 de agosto ás 23.30 horas, Toreros Muertos o 26 de agosto ás 23.00 horas, Roi Casal o 27 de agosto ás 22.30 horas ou Skacha o 30 de agosto ás 23.30 horas. Tamén haberá oco para a verbena, as bandas de música, a música tradicional e o teatro da man dos Ghazafelhos.