O Consello da Cultura Galega acolleu hoxe e continuará mañá, o Foro de Debate sobre a Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias. Neste encontro participarán expertos na materia de todo o Estado e na xornada inaugural contouse coa presencia do presidente do Consello da Cultura, Ramón Villares, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o Xefe da Secretaría da Carta, Sixto Molina, o presidente da Real Academia Galega, Victor Freixanes e o coordinador do Foro, o profesor Fernando Ramallo. Este último explicou que a razón do foro é o descoñecemento da Carta.
Inicio Espazo Aberto