Home Programas Espazo Aberto Sintonía entre o alcalde de Santiago e o presidente da Xunta na súa primeira reunión

Sintonía entre o alcalde de Santiago e o presidente da Xunta na súa primeira reunión

0
Sintonía entre o alcalde de Santiago e o presidente da Xunta na súa primeira reunión

Tras a primeira reunión despois das eleccións municipais entre o alcalde de Santiago e o presidente da Xunta, a vontade de colaboración entre ambos está máis que asegurada. As miradas están postas no próximo Ano Santo. Alcalde e presidente queren que este sexa “o punto de partida para que Santiago e Galiza sigan a medrar”, di Bugallo.

Esta reunión foi a primeira que tiveron Xosé Sánchez Bugallo e Alberto Núñez Feijóo tras as eleccións pero o contacto entre ambos comezou anos atrás. Feijóo asegura que entre eles comeza unha terceira fase xa que a primeira foi no periodo 2003-2005 e a segunda entre 2009 e 2011.