Martiño Noriega amosou a súa satisfacción coa xuntanza mantida onte en Madrid co director xeral da Auga, Manuel Menéndez, con motivo da EDAR. Desbótase así o proxecto da EDAR do Souto, e asúmese o compromiso de viabilizar a ubicación alternativa da Silvouta.
O director xeral da Auga mostrouse disposto a tramitar o estudo de impacto ambiental simplificado. Agora empezaráse a traballar no tema técnico para poder facer as tramitacións e poder captar os fondos Edusi, tal como indicou o propio alcalde.
O alcalde reiterou que “a comparativa de prezos analizada na reunión de onte volve a demostrar que a da Silvouta é unha mellor opción dende o punto de vista económico, pero, sobre todo, éo desde o punto de vista do impacto ambiental”