Falarei sobre as diferenzas non só lingüísticas, senón tamén culturais, que atopamos na práctica médica habitual, e que fan necesaria unha boa comunicación e dominio do idioma por parte dos profesionais, cun toque de humor.”
Iria Veiga é médica psiquiatra e actualmente exerce como psiquiatra xeral no Hospital de Barbanza. Implicada en actividades de divulgación científica, colabora en iniciativas como Escépticos no Pub, Pint of Science ou Ciencia, cultura e cervexa en Carral. Ademais, mantén o blog “O Outro Lado do Espello” (espello.gal) e colabora no programa de radio Burán, en Radio Campus Culturae. (@radioburan)