As seccións sindicais de Povisa amosaron ás portas do Parlamento a súa unidade no rexeitamento pola venda do hospital.
Consideran que a contía que vai pagar Centene Corporation é perfectamente asumible pola Xunta de Galicia e piden que Povisa sexa absorbida pola Xunta. Tamén piden que se lles asegure, por escrito, os seus postos de traballo. Falamos con Chus Neira (CIG), Ruth Vallejo (SGPS-CGT), Conchi Sánchez (Unenf) e Carlos González (Comisións).
Tamén recordan todas as dúbidas en torno a Ribera Salud, comprada por Centene para operar en Europa, por todas as críticas ao modelo de negocio da compañía en Valencia. Lembraron que “a sanidade pública non pode ser un negocio”.
As representantes das seccións sindicais tamén criticaron a pasividade da Xunta e esixen compromiso ao Conselleiro de Sanidade, tanto para conservar os seus postos de traballo sexa cal sexa a transacción final como para asumir a responsabilidade dun hospital que, lembran, é 80% público e que dá un servizo sanitario a 140.000 persoas.