Home Espazo Aberto Lingua Sindicatos e organizacións pola lingua piden que a CRTVG rectifique a nova sobre o galego na selectividade

Sindicatos e organizacións pola lingua piden que a CRTVG rectifique a nova sobre o galego na selectividade

0
Sindicatos e organizacións pola lingua piden que a CRTVG rectifique a nova sobre o galego na selectividade

A Mesa pola Normalización Lingüística saíu na defensa da nosa lingua tras coñecer a nova que publicaba onte a CRTVG sobre a suposta desigualdade que sofren os alumnos de Galicia por ter unha asignatura a maiores na selectividade.

Dentro dos partidos políticos, as nacionalistas Ana Pontón e Olalla Rodil tamén deixaron constancia por Twitter da súa opinión.

A denuncia da manipulación informativa é unha constante dos sindicatos con representación na CRTVG que levan máis dun ano unidos na loita por un Consello de Informativos, un elemento recollido na Lei de Medios aprobada no 2011. Dende a Central Unitaria de Traballadoras, que dispón da máxima representación sindical en San Marcos, esixen que a dirección da CRTVG rectifique. Raquel Lema explica o perigo de mesturar “información con opinión” e de asumir “as teses do partido que goberna”.