#UniversoGalaxia

Silencio
S

Agustín Agra

Logo dun silencio editorial de cinco anos, volve á narrativa galega Agustín Agra con este primeiro libro en Editorial Galaxia, onde concentra o mellor do seu saber literario.

Un monllo de relatos dunha delicadeza extrema centrados na natureza humana, mais tamén na natureza orgánica que nos rodea, e que vén sendo un corazón latexante idéntico ao noso. Coma un caderno de campo, a ollada de Agustín Agra disecciona os tempos e os espazos para explicarnos que as viaxes polo planeta son viaxes cara a dentro, que as pescudas da verdade case sempre rematan no infinito, e que a existencia pode ser entendida, mellor que coa ciencia, coa literatura. Pagou a pena a espera. Un libro que nos deixará sen alento.

Mercar libro

#UniversoGalaxia

Ninguén mellor que o autor ou autora para dar a coñecer a súa obra literaria. Con esta idea Nós Televisión comeza un novo espazo que traerá á nosa web e á grella as principais novidades da Editorial Galaxia, a factoría de libros que naceu en 1950 coa arela de defender e difundir a lingua e a literatura galegas.