O proxecto teatral de Carlos Álvarez Ossorio chega á sala Ártika de Vigo este venres para quedar en carteleira durante a fin de semana. O elento está composto, ademais do propio Ossorio, por Juan José Villanueva, como dramaturgo e asesor de actuación, Alfonso Hierro, asesor de alemán e de corpo, Violeta Martínez, iluminación e técnica, Álvaro Rodríguez, en fotografía, Fática R. Varela, en comunicación, Pablo Nieves, barítono, Xoán Escudero, na gravación sonora, Manuel Reyes, filósofo especialista en memoria histórica e Aushwitz.
Sipnose
En 1944, Primo Levi foi deportado a Auschwitz. Tiña 24 anos. Durante a súa estancia no campo, empezou a escribir “Se isto é un home”, o relato dos dez meses que estivo prisioneiro. En 2020 (76 anos despois), un actor entra nun escenario e enfróntase ao reto de revivir a experiencia de Levi, para tentar así comprender (se é que é posible) que foi Auschwitz e que supón para nós, espectadores do Século XXI, que existise ese lugar en plena Europa de mediados do século pasado. Unha viaxe cara ao lado máis escuro do ser humano e do noso mundo contemporáneo.