A Policía Nacional informou este mércores da detención de 73 persoas no estado español por desobeciencia ante a activación do estado de alarma pola expansión do COVID-19. De forma paralela, as forzas do exército español continúan chegando a Galiza. Nas últimas horas, podíase ver a chegada de efectivos á cidade de Ourense.

- Publicidade -

 

Nas últimas horas, a Unidade Militar de Emerxencias (UME) despregaba as súas forzas  nas cidades da Coruña e Pontevedra. Na cidade herculina despréganse 48 militares en 15 vehículos e en Pontevedra, 50 militares e 16 vehículos. En Vigo, os efectivos desprazados pertencen á Brilat, tal e como difundían dende as redes sociais do Exército de Terra.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego