Home Programas Área Compostela Sete familias compostelás acollen este verán a nenas e nenos dos campamentos saharauis

Sete familias compostelás acollen este verán a nenas e nenos dos campamentos saharauis

0
Sete familias compostelás acollen este verán a nenas e nenos dos campamentos saharauis

Outro ano máis Compostela acolle nos meses de xullo, agosto e primeiros de setembro, a nenos e nenas entre 7 e 12 anos procedentes dos campamentos de refuxiados saharauís. Hoxe tiveron unha emotiva recepción no Pazo de Raxoi coa presenza do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e membros da corporación.

O alcalde deulles a benvida a Compostela e desexou que “ogallá non tiveramos que manter este programa durante máis anos, porque iso significaría que chegou a paz a ese territorio“.

Vacacións en Paz para mozos e mozas do Sáhara

A presidenta da Asociación galega de Amigos do Sahara, Maite Isla, parabenizouse do apoio da corporación municipal de Santiago no seu conxunto e desexou unha solución ao conflito político do Sáhara.


Os mozos e mozas amosaron o seu apoio aos presos políticos

Carteis solidarios cos presos políticos

Este ano son sete as familias acolledoras en Santiago, todas novas segundo explicou a presidenta da Asociación galega de Amigos do Sahara. As nenas e nenos mostraron con cartaces a súa solidariedade cos presos politicos que hoxe mesmo están a ser xulgados polo goberno marroquí.