A Comisión en Defensa do Común organizou na tarde de onte, 22 de febreiro, unha xuntanza aberta no Salón de Plenos da Coruña contra a especulación na fachada marítima nesta cidade. No pasado mes de xaneiro, o propio Concello coruñés reclamara o carácter público da Solana e a devolución dos terreos á cidade.
A fachada marítima da Coruña, pública
Conversamos con Xulio Ferreiro, Alcalde da Coruña, sobre a problemática existente coa fachada marítima coruñesa e da vontade do Goberno municipal de ceder protagonismo á cidadanía nesta loita social
“Queda claro que a Comisión quere a devolución gratuíta dos terreos” Xulio Ferreiro, Alcalde da Coruña
Máis de sesenta entidades participaron onte nesta xuntanza na Coruña e esixiron ao Porto a devolución gratuíta ao Concello da Coruña da Solana para que poida ser destinada a uso público.
“É de sentido común. Ten que haber xardíns, zonas verdes e construccións baixas. Non se pode urbanizar” Comité en defensa das Rías Altas
“Basta xa de especulación na cidade da Coruña, paremos os intereses das grandes inmobiliarias” CIG
“Recuperemos todas concesións públicas neste país. Xogámonos a recuperación duns terreos públicos” ADEGA
Futuras mobilizacións na axenda
A Comisión Aberta en Defensa do Común ten reunidas xa 5.000 sinaturas e valora a posibilidade de pedirlle ao Concello que celebre un referendo cidadá vinculante sobre este tema.