Sés, cantareira de oficio

Conversamos coa cantareira a raíz do seu último traballo 'Liberar as arterias'

“Non teño un público militante e iso enorgulléceme”, sostén Sés mirando con firmeza á cámara. Corenta minutos poden parecer unha eternidade nunha entrevista, mais cando a forza, o pensamento, a enerxía e o sentimento enchen cada segundo o tempo vólvese irrelevante. O único que cómpre apuntar ao respecto é que a gravación foi realizada o 30 de setembro, nove días antes de que a cantareira tivera que aprazar os primeiros concertos de presentación do disco tras dar positivo en covid-19.

Conversamos con Sés sobre Luz Fandiño, o ser hot, e non cool, as e os que soben ao escenario da praza da Quintana, a xestión cultural, a lingua galega… Falamos do pobo e, sobre todo, do oficio de ser cantareira.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego