Home Programas Área Compostela Sensibilizar sobre as enfermidades renais a través do Camiño de Santiago

Sensibilizar sobre as enfermidades renais a través do Camiño de Santiago

0
Sensibilizar sobre as enfermidades renais a través do Camiño de Santiago
SONY DSC

Alcer é unha Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril e podémola atopar por diferentes provincias de todo o territorio español. O concello de Santiago recibiu esta mañá na praza do Obradoiro a tres membros de Alcer Alicante, que viñan de facer por terceira vez o camiño de Santiago. Baixo o lema “Vive a vida e logo dónaa” percorren quilómetros para realizar durante o camiño unha campaña de sensibilización sobre as enfermidades renais e a necesidade de transplantes.

Alcer presta atención psicosocial aos doentes e aos seus familiares e ao mesmo tempo busca sensibilizar á cidadanía sobre a doazón de órganos. Alfredo Saborido, cordinador de Alcer Coruña, explica que perseguen dous obxectivos principalmente: “facer fincapé na saúde renal, porque os riles son silenciosos” e “sensibilizar á sociedade sobre a importancia de doar”.