Sen cambios. Aprobados os orzamentos do PP para a Xunta de Galicia

O representante do Partido Popular na Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos, Pedro Puy, fixo alarde dos orzamentos presentados polo seu goberno asegurando que “estes orzamentos favorecen o crecemento e o emprego”. O voceiro da formación conservadora asegurou que “a situación de Galicia non é tan terrible como din En Marea e o BNG”.

- Publicidade -

Pedro Puy: “Galicia avanza moito mellor do que din En Marea e BNG, estes orzamentos fomentan o crecemento”

“Estes orzamentos carecen dun proxecto para o desenvolvemento económico”

Noa Presas, deputada do BNG, lamentou que o PP rexeitase a meirande parte das máis de mil emendas presentadas pola oposición. Para a formación nacionalista, estes orzamentos evidencian a “carencia dun proxecto para o desenvolvemento e a cohesión social”.

Pola súa banda, Abel Losada, presidente da Comisión de Orzamentos e deputado do PSdeG, insistiu en que “non existe correlación entre crecemento e ingresos baixos”. Alén diso, afirmou que “hai moita pobreza e desigualdade, e o menos que pode facer este goberno é verbalizalo”.

Así e todo, o deputado de En Marea José Manuel Lago amosou os datos negativos que expón o mesmo informe do Foro Económico presentado por Puy, ao mesmo tempo que calificou a redución do gasto público como un “obxectivo premeditado” da executiva de Núñez Feijóo.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego