“Sempre nos dixeron que a Renda Social Municipal era irrealizable e os resultados que estamos vendo son moi bos”

A Coruña é o concello galego con maior investimento social por habitante

A Renda Social Municipal medrou nun 60% as prestacións activas na cidade da Coruña, onde o gasto social non deixou de medrar desde o ano 2015. O Concello investiu durante o pasado exercicio máis dun millón de euros na Renda Social Municipal, unha prestación económica que cubre necesidades básicas da poboación que se atopa en situación de vulnerabilidade social. A concelleira destaca a evolución desta prestación, “que permite que moitas familias da cidade poidan pagar as súas necesidades básicas para vivir con dignidade” e sinala que dende a súa implantación concedéronse un total de 506 prestacións.

A responsable de Xustiza Social e Coidados salienta que a porcentaxe de execución do orzamento de 2018 para dita prestación ascende ao 96%

En total, no ano 2018, o Concello investiu 1.095.088,84 de euros, e a súa porcentaxe de execución ascendeu a un 95,51 %. “Os datos destacan o bo funcionamento tanto desta prestación económica como da súa tramitación, e confirman o bo traballo que se está facer desde os distintos servizos municipais. Falamos dunha prestación que está a cumprir cos obxectivos propostos, como é favorecer a recuperación da súa autonomía das persoas en situación de vulnerabilidade social, ademais de avanzar cara a unha cidade máis xusta, na que o seu goberno sitúa á veciñanza no centro das súas políticas”, e lembra que o Concello da Coruña é o municipio de Galicia con maior investimento social por habitante, superando os 105 euros anuais. E nese tempo, na Coruña tamén reduciron á metade a débeda do Concello.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

A renda social

A unidade de convivencia debe ter unha capacidade económica igual ou menor destas cantidades

Un apoio para poder vivir con dignidade. A Renda Social Municipal é unha prestación económica do Concello da Coruña destinada a paliar situacións temporais de necesidade e garantir uns recursos mínimos de subsistencia aos veciños e ás veciñas da Coruña. Esta axuda está dirixida  á cobertura de necesidades básicas como a alimentación diaria, o vestiario, o transporte, os coidados persoais e da vivenda, e os gastos que teñen que ver co aloxamento ou alugueiro.

A prestación percibirase por un prazo máximo de 6 meses, podendo prorrogarse ata 18 meses e poden socilitala todas aquelas persoas en situación ou risco de exclusión social, con dificultades para cubrir as súas necesidades básicas e as das persoas membros da mesma unidade de convivencia.

 

 

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -