A Semana da Mobilidade trae á Alameda compostelá unha exposición de vehículos eléctricos

Raxoi amosa o seu firme compromiso coa redución de emisións contaminantes

Dentro das actividades que organiza o concello de Santiago para a Semana de Mobilidade hoxe a Alameda acolleu unha exposición de vehículos eléctricos na que participaron as empresas Caeiro, Yáñez, Compostela Concesionario e Vectia. Pola mañá achegouse ata o lugar o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, quen aproveitou para lembrar o compromiso do goberno municipal coa redución de emisións e a aposta dos diferentes departamentos por traballar con vehículos non contaminantes.

Raxoi anuncia que na vindeira compra de vehículos haberá unha parte reservada a vehículos eléctricos e híbridos

Na exposición os visitantes tiveron a oportunidade de preguntar sobre os novos modelos. Samuel Larosa, responsable comercial Grupo Caeiro, explicou aos medios de comunicación as vantaxes que teñen os vehículos eléctricos.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Máis actividades da Semana da Mobilidade

O programa da Semana Europea da Mobilidade terá a súa continuidade o 27 co Día da Accesibilidade e o 29 co Parking Day.

https://nostelevision.gal/desde-raxoi-insisten-na-implementacion-dunha-nova-mobilidade-centrada-nos-desprazamentos-das-persoas/

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -