Home Programas Área Compostela As seleccións de fútbol sala feminino de Galiza e Cataluña enfrontaranse o vindeiro 7 de marzo

As seleccións de fútbol sala feminino de Galiza e Cataluña enfrontaranse o vindeiro 7 de marzo

0

O día oito de marzo é o día Internacional das Mulleres. Galiza, que conta con numerosos equipos na máxima categoría de fútbol sala feminino, recibe á selección catalana.

A concelleira de deporte, Noa Morales, indicou en rolda de prensa “a importancia do encontro, xa que é o primeiro que se celebra en Santa Isabel da selección absoluta nesta modalidade desde 1998”.

#ElasTaménXogan


O presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, fixo fincapé no importante pulo que o fútbol sala feminino ten en Galiza. Preguntado pola prensa en relación á presenza do machismo no fútbol, o presidente do Santiago futsal, Ramón García, indicou que é necesario traballar na igualdade. En palabras súas, aprécianse avances aínda que, en ocasións, é lóxico que demandemos que as mudanzas sexan máis áxiles.