A selección española de tenis de mesa disputará dous partidos clasificatorios en Compostela

A concelleira de Deporte, Noa Morales, informou en rolda de prensa sobre os partidos de tenis de mesa que acollerá Compostela. Estes celebraranse no marco da fase final de grupos do clasificatorio para o Campionato Europeo. A rolda tamén contou coa presenza do presidente de Arteal-Santiago Tenis de Mesa e vicepresidente da Federación Española, José Albores, e dunha das xogadoras convocadas coa selección, Raquel Bonilla.

- Publicidade -

Tanto José Albores como Raquel Bonilla salientaron a importancia que ten o próximo partido da selección femenina, o cal considérase decisivo.


O vindeiro sete de marzo, o pavillón das Fontiñas acollerá os dous últimos partidos da fase de grupos, que determinarán cales serán os equipos que participarán no Campionato de Europa.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego