Na mañá de hoxe tivo lugar a recepción oficial no Concello de Santiago, das e dos nenos saharauís que pasarán este verán con familias de acollida en Compostela. No acto participou Habibullah Mohamed, delegado do Sáhara en Galiza, que reclamou medidas de presión do Estado español en favor do proceso de descolonización deste territorio e Marta Isla, da Asociación Galega de Amigos do Sáhara, que reclamou máis apoios a esta asociación para poder ampliar o programa Vacacións en Paz.