Seis entidades recibirán as primeiras axudas municipais en Compostela ao desenvolvemento

Serán seis as entidades beneficiarias desta convocatoria que ten un orzamento de 90.000 euros

O concello de Santiago resolveu as novas axudas para o desenvolvemento que se darán no municipio. Das 13 solicitudes presentadas, foron seis as entidades finalmente beneficiarias dunha convocatoria que tiña un orzamento total de 90.000 euros. Explicouno en rolda de prensa no Pazo de Raxoi a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández.

Preme na imaxe para acceder ás subvencións concedidas

Que entidades?

Tamén recibirán unha subvención a Fundación Vicente Ferrer por un proxecto de dereito de acceso a unha habitabilidade digna con saneamento básico en Anantapur (India), Arquitectura Sen Fronteiras para desenvolver un proxecto de cooperación técnica para elaborar unha ferramenta de planificación de accións estratéxicas en Champerico (Guatemala), Enxeñería Sen Fronteiras que presentou un proxecto para mellorar as capacidades do municipio de El Triunfo (Honduras) e a Fundación Fabre para realizar un proxecto de formación de persoal sanitario materno-infantil e nutricional en Suchitepéquez (Guatemala).

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

A convocatoria, presentada no mes de xullo, servirá para para subvencionar proxectos concretos de ONG

https://nostelevision.gal/o-concello-convoca-axudas-de-cooperacion-ao-desenvolvemento-en-paises-empobrecidos/

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -