Home Programas Área Compostela A seguridade viaria para a rapazada pónse en práctica en Amio

A seguridade viaria para a rapazada pónse en práctica en Amio

0

Ata o vindeiro 17 de febreiro as instalacións do recinto feiral de Amio acollerán unha nova edición do parque infantil de tráfico que organiza a Policia Local como parte do seu programa de seguridade viaria “Móvete seguro con Moito Olliño”. O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, visitou hoxe as instalacións polas que pasarán este ano ao redor de 800 rapazas e rapaces.

Actividade tivo unha boa acollida na súa edición anterior e nesta aumentou a participación

A responsable de Educación Viaria da Policia Local, Diana Parente explica que nesta experiencia tamén se fala das actuacións das propias familias e o compartamento ao volante do día a día.

Ademais das prácticas no parque infantil o alumnado tamén participa de clases teóricas onde poder coñecer mellor como comportase de maneira segura na vía pública. O vindeiro día 30 de xaneiro esta actividade acollerá unha xornada de portas abertas.