Home Programas Espazo Aberto Segundo día de folga do estudantado de Medicina da USC

Segundo día de folga do estudantado de Medicina da USC

0
Segundo día de folga do estudantado de Medicina da USC

O estudantado da facultade de Medicina da USC vive este mércores o seu segundo día de folga indefinida. Sobre a mesa, reivindicacións como a mellora na organización docente, programas de coidado da saúde mental do alumnado, a eliminación de actitudes homófobas, machistas e racistas do profesorado, a galegofobia ou a disparidade de cátedras. Despois da xornada do martes, marcada por diversos actos de protesta, as alumnas e alumnos decidiron pasar a noite na facultade.