Seguimento masivo da folga do sector do taxi en Compostela

O sector do taxi volve á folga en protesta pola “competencia desleal” de empresas coma Uber ou Cabify

Continúan as mobilizacións polas licenzas VTC. Os taxistas composteláns uníronse á folga convocada en todo o Estado en protesta contra a “inacción” da Xustiza ante as “vantaxes estratéxicas” que teñen compañías coma Uber ou Cabify. Polo de agora, o Tribunal Supremo paralizou a saída de 10.000 licenzas para este tipo de condutores e o Goberno aprazará ata 2018 as medidas para controlar as VTC, actuacións “insuficientes” para o sector do taxi.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Dende a Federación Española del Taxi (Fedetaxi) apuntábase á opción de establecer tarifas flexíbeis e maiores descontos para aumentar a competencia ante Uber e Cabify. Así e todo, os afectados aseguran que continuarán ás mobilizacións até atopar unha solución definitiva a un conflito que, advirten, pode destruír o sector do taxi.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -