Home Programas Área Compostela Se o Pleno o aproba podería haber remunicipalización da ORA e o guindastre en 2017

Se o Pleno o aproba podería haber remunicipalización da ORA e o guindastre en 2017

0
Se o Pleno o aproba podería haber remunicipalización da ORA e o guindastre en 2017

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, informou hoxe en rolda de prensa posterior ao consello de goberno de que nesa xuntanza se deu conta do informe do director xerente da empresa TUSSA sobre a viabilidade da xestión directa do servizo ORA e do guindastre. O alcalde afirmou que se o Pleno aproba a cuestión a remunicipalización podería realizarse o ano vindeiro.
En canto aos prazos para levar a Pleno ese informe, Martiño Noriega dixo que era un informe complexo que dependía do tempo que lle leve ao secretario e á interventora.
Martiño Noriega asegurou que era de sentido común a remunicipalización destes servizos que agora presta unha empresa privada.