“Se o modelo de iluminación navideña de Compostela Monumental é o de Vigo que abran alá unha franquicia”

Co Nadal volven as tradicionais críticas dun dos colectivos de comercionantes de Compostela sobre a iluminación navideña

As críticas do presidente da Asociación Compostela Monumental, colectivo de comerciantes do casco histórico e extremadamente belixerante con Compostela Aberta durante esta lexislatura, provocaron hoxe a reacción do alcalde da cidade. Así, se José Manuel Bello onte denunciaba que a iluminación navideña era cativa e “cutre” en exceso e que a capital do país debera mirar cara “outras cidades como Vigo”. Pois ben, así foi a resposta de Noriega:

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

O alcalde defendeu o esforzo do goberno municipal nesta campaña navideña.”Nunca se encenderon as luces con tanta antelación nin cubriron tantas rúas” resaltou o propio Noriega. Ademais, a concelleira de turismo, Marta Lois, tamén se quixera referir recentemente ao modelo de iluminación navideña do grupo de goberno en contraposición con outros que “gastan en exceso”, en referenza a Abel Caballero.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -