“Se Compostela Aberta quere remunicipalizar a Escola de Música, contará co apoio do BNG”

O Pleno aprobou onte unha moción que contempla esta opción para garantir os postos de traballo do profesorado

A complicada situación administrativa que atravesa a Escola Municipal de Música está preto de chegar ao seu fin. Este xoves, o Pleno do Concello aprobou, cos votos favorábeis de BNG e PSdeG e as abstencións de Compostela Aberta e PP, unha moción para manter sobre a mesa a opción de remunicipalizar o servizo para garantir os postos de traballo do profesorado.

O alcalde evita xerar “falsas expectativas”

Con todo, o alcalde, Martiño Noriega, advirte que o proceso de asunción directa da Escola de Música non sería “sinxelo”, polo que evita xerar “falsas expectativas”. Para o grupo de Goberno, a iniciativa de onte ten un carácter máis ben “simbólico”. O BNG insiste en que esta opción é “totalmente viábel” e, se Compostela Aberta decide aplicala, “poderá contar” co apoio da formación nacionalista para a súa aprobación.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

 

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -