Saudade Xabarín: sobre o audiovisual infantil na Galiza de 2020

Podes atopar máis reportaxes da equipa do 'Nós, a fondo' na nosa canle de YouTube

Houbo un tempo no que o maior influencer do país era un porco que saía na tele. Líder de audiencia, xiras con milleiros de siareiras e creador de imaxinario social.

Diso pouco queda máis que saudade, un carné e unha caricatura do Xabarín, que non soubo, ou non lle deixaron adaptarse aos tempos.

Falamos disto, do consumo audiovisual infantil e de posibles solucións con Bea Feijóo (experta en consumo infantil), Ramón Pombo (Asubío Media) e Marcos Maceira (da Mesa pola Normalización Lingüística). Non falamos coa CRTVG, que non aceptou a entrevista e non contestou as preguntas que formulamos.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego