Home Programas Área Compostela Santiago, unha “cidade de acollida” orgullosa de selo

Santiago, unha “cidade de acollida” orgullosa de selo

0
Santiago, unha “cidade de acollida” orgullosa de selo

A conmoción xerada estes días por mor do buque Aquarius é, por desgraza, o “pan de cada día” nun mar Mediterráneo que, como acertan a dicir dende as ONGs, estase a converter nun ‘mare Mortum’.

Tiñamos a obriga de actuar

A comunidade internacional celebra o vindeiro 20 de xuño o Día das Persoas Refuxiadas, e o Concello de Santiago súmase a esta celebración para amosar o seu “firme compromiso” coas migrantes que se ven obrigadas a fuxir dos seus países de orixe.

O buque Aquarius

Dende Raxoi remitiuse unha carta á FEMP informando das medidas habitacionais e non habitacionais das que dispón a cidade, e nas vindeiras datas seguirase a xestionar a previsíbel chegada dalgunhas das persoas que viaxan a bordo do buque.

Actividades para o 20 de xuño

Dende Raxoi queren que este evento non se reduza unicamente á propia xornada, polo que se levarán a cabo diferentes iniciativas durante os meses de xuño e xullo. Na tarde do propio día 20, presentarase no Auditorio Abanca un vídeo documental que recolle a testemuña de compostelás e composteláns acolledores.

Por outra banda, o Concello artella unha campaña de visibilización sobre os dereitos de asilo e refuxio: entre o 19 de xuño e o 19 do vindeiro mes, numerosos taxis da cidade estarán rotulados con dous artigos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos que versan sobre esta cuestión.