Santiago terá o apoio europeo nun proxecto de Igualdade e outro de difusión dos Orzamentos participativos. Anunciárono en rolda de prensa no Pazo de Raxoi as concelleiras de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e de Economía e Facenda, María Rozas. O primeiro dos proxectos, denominado Wom@rts, liderado polo Auditorio de Galicia, unha das 15 iniciativas seleccionadas polo Programa Europa Creativa da Comisión Europea, entre 118 candidaturas e que actuará entre outubro de 2017 e outubro de 2021.
.@MLoisgonzalez explicou esta mañá o primeiro dos proxectos, denominado Wom@rts, liderado polo Auditorio de Galicia https://t.co/Go7bQMJ2bR pic.twitter.com/0iQ57VUhrT
— Nós Televisión (@NosTelevision) 23 maio 2017
A UE tamén aprobou o proxecto Atlantic Social Lab polo que o concello obtivo fondos por valor de 172.000 euros.
A UE tamén aprobou o proxecto Atlantic Social Lab polo que o concello obtivo fondos por valor de 172.000 euros pic.twitter.com/lx1Ykpm5dt
— Nós Televisión (@NosTelevision) 24 maio 2017