Home Programas Área Compostela Santiago, Teo e Ames unidos nun protocolo ante os desafiuzamentos

Santiago, Teo e Ames unidos nun protocolo ante os desafiuzamentos

0
Santiago, Teo e Ames unidos nun protocolo ante os desafiuzamentos

As situacións de desafiuzamento que se poidan producir nos municipios de Santiago, Teo e Ames contan desde hoxe cun protocolo de actuación entre os tres concellos. A iniciativa presentouna esta mañá en rolda de prensa a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, acompañada de Luisa Feijóo e Xosé Ignacio Iglesias, concelleira e concelleiro de servizos dociais dos concellos de Teo e Ames, respectivamente

O resultado de numerosos meses de traballo

vlcsnap-2017-02-09-18h06m08s229
Concha Fernández, concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde de Santiago

Este Protocolo conxunto pretende, tal e como explicaron esta mañá, previr que se poidan producir novos desafiuzamentos da vivenda habitual nos tres municipios asinantes. A decana do Colexio de Psicoloxía de Galicia, María Rosa Álvarez, salientou a gravidade desta problemática no noso país. O vicepresidente do Colexio de Traballo Social, Gonzalo Saborido, asegurou que o seu organismo estará pendente do cumprimento deste protocolo.

O documento tomou forma logo de meses de traballo e de xuntanzas da Mesa de Desafiuzamentos e pretende dar contido ao Convenio asinado en 2013 entre o CGPJ, a Xunta e a FEGAMP.

Unha dura problemática


Preme aquí para baixar o Protocolo