A edil @maria_rzs destacou o superávit de 7,9 millóns de euros acadado polo goberno municipal https://t.co/c7bihks0KG pic.twitter.com/MOIpNLiXiZ
— Nós Televisión (@NosTelevision) June 23, 2017
Compostela conta actualmente co nivel de endebedamento máis baixo da súa historia. A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, informou de esta mañá da liquidación do exercicio orzamentario do ano pasado, salientado que se logrou un superávit de 7,9 millóns de euros.
María Rozas destaca o “saneamento xeral” das contas municipais
María Rozas explicou que existe un saneamento xeralizado das contas públicas realizado polo goberno local que sitúa “o nivel de endebedamento do Concello na cifra máis baixa da súa historia, situándose nun 39,32%” moi por debaixo do límite legal, situado no 75%.
A concelleira tamén salientou a aposta polo gasto en mantemento que se realizou dende o Concello.
Cómpre sinalar que a entrada en vigor do orzamento no mes de abril conleva que algúns investimentos queden sen computar no 2016. Polo tanto, pasarán a contabilizarse no orzamento deste ano.