Santiago será “capital” da cervexa artesá do 15 ao 17 de xuño

O 'Compos Beer Fest' achegará ao parque de Belvís case un cento de cervexas artesás procedentes de diferentes municipios de Galicia e o Estado

As e os amantes da cervexa teñen unha cita ineludíbel esta fin de semana na capital galega. O parque de Belvís converterase no escenario da segunda Feira da Cervexa Artesá Compos Beer Fest, un evento que se celebrará entre o 15 e o 17 de xuño e porá en valor o procedemento tradicional de elaboración da cervexa.

Aquí non haberá sitio para a cervexa industrial, mais si que haberá a disposición das e dos asistentes diferentes food-trucks que incluirán comida vegana e sen glute. Asemade, as crianzas poderán gozar dun espazo de lecer con xogos tradicionais, contacontos e obradoiros.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Outras actividades

O Compos Beer Fest estará acompañado por unha ampla oferta musical da que participarán artistas como Blue Monk, Breaking Bones, La Sincereza ou DJ Fishman. A organización artella tamén a preparación dunhas “Olimpiadas Cervexeiras” e un curso de elaboración de cervexa artesá.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -