A concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández, presentou as actividades de conmemoración do Banquete de Conxo que se celebrarán este venres 24 de marzo tanto no Centro Sociocultural do barrio como na escalinata cercana ao Hospital Psiquiátrico. O lugar escollido ten, para a edil, moito de simbólico.
As actividades comezarán ás 12:15h. No Centro Sociocultural de Conxo cunha intervención teatralizada de Rosalía e Aurelio intepretadas por Ana Ponte e Diego Freire para logo ter lugar un encontro co alumnado do IES Eduardo Pondal coa poeta Helena Salgueiro. Pola tarde o acto será conducido este ano polo editor Henrique Alvarellos.
Henrique Alvarellos presentou onte as actividades de lembranza do #BanqueteDeConxo https://t.co/OK2u8BKL36 @EditoresGalegos @alvarellos_ed pic.twitter.com/YyADWHmaBi
— Nós Televisión (@NosTelevision) 23 marzo 2017
A xornada pecharase cun acto poético musical da man de Lara Rozados, Lorena Conde, Sofía Espiñeira, Helena Salgueiro e Ariel Ninas.